Como funciona?

Para que os nenos e nenas vexan aos Reis Magos e a Papá Noel, este ano será máis fácil que nunca, só terás que seguir estes sinxelos pasos:

  1. Entrando nesta web  www.nadal2020.es atoparás un apartado chamado «Rexistro». Nel deberás marcar o concello ao que pertences.
    * Ten en conta que ese  concello deberá estar agregado á campaña, de non ser así os datos non serán válidos.
    * De non dispoñer dun número de teléfono con whatsapp, ponte en contacto connosco en CONTACTO e chamarémoste canto antes.

  2. Unha vez marcado o concello, seguirás os pasos necesarios para inscribir ao neno ou á nena. Lembra que podes comentar algo que consideres importante para que Papá Noel ou os Reis Magos o lembren antes de falar co pequeno 😉
    *É posible que o teu concello só teña contratado un dos dous servizos Papá Noel / Reis Magos. Se aparecen ambos abertos, poderás rexistrarte en dúas datas distintas, unha para Noel e outra para os Reis.

  3. Despois do rexistro persoal e de marcar a data e a hora lembra que: Terás que ter dispoñible o teléfono móbil que rexistraches o día e á hora marcada.
    Se por casualidade non fose posible contactar contigo porque o teléfono nese momento está apagado ou fóra de cobertura, tentarano de novo ao finalizar a xornada.
    É posible que os Reis ou Papá Noel sufran algún leve atraso, non te preocupes, iso é porque sodes moitos e encántalles falar.

Privacy Settings
We use cookies to enhance your experience while using our website. If you are using our Services via a browser you can restrict, block or remove cookies through your web browser settings. We also use content and scripts from third parties that may use tracking technologies. You can selectively provide your consent below to allow such third party embeds. For complete information about the cookies we use, data we collect and how we process them, please check our Privacy Policy
Youtube
Consent to display content from Youtube
Vimeo
Consent to display content from Vimeo
Google Maps
Consent to display content from Google